Igualdade
DIAGNOSE DE IGUALDADE DA USC (2009-09-02)
Os avances na normativa estatal e autonómica no logro dunha igualdade efectiva
entre homes e mulleres vinculan ás universidades coa necesidade de establecer unidades de igualdade e de actuar guiadas por esta meta. Con todo, e máis alá das obrigas implícitas nas leis e plans recentemente ratificados, temos que recoñecer que o papel das universidades como creadoras e difusoras de cultura convértenas en institucións clave que poden contribuír de maneira decisiva ao cambio dos estereotipos de xénero que aínda hoxe seguen a definir os roles sociais de mulleres e homes.
PLAN ESTRATÉXICO DE IGUALDADE DA USC (2009-09-02)
A defensa da igualdade entre homes e mulleres coa promoción da súa participación igualitaria na toma de decisións é un principio estatutario da USC.