Novas Iustitia
Curso de Verán: "Menores, unha materia pendente: xustiza, educación...".
05 de junio del 2019
Curso de Verán: "Menores, unha materia pendente: xustiza, educación...". Información e matrícula en http://www.usc.es/gl/servizos/cultura/veran/.
Actividade financiada con fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero: Oficina de Igualdade de Xénero da Universidade de Santiago de Compostela; Ministerio de presidencia, Relaciones con las Cortes e Igualdad; Xunta de Galicia (Marca Galicia; Xacobeo 2021).

PRESENTACIÓN DE COMUNICACIÓNS
Aberta a posibilidade para todas as persoas expertas ou investigadoras de calquera ámbito do coñecemento relacionado coa materia. As propostas versarán sobre aspectos vinculados coa temática do título das xornadas. A extensión das propostas –que deberán ser remitidas antes do 8 de xullo a investigadoras@iustitiaomnibus.org -, debe situarse entre 5-8 follas (letra Times New Roman, tamaño 12, interliñado 1,5, espaciado posterior 18, espaciado anterior 0; sen espazos entre parágrafos). Os textos estruturaranse coa seguinte orde: título; nome apelidos e ocupación ou filiación institucional; resumo de entre 500 e 1000 caracteres sen espazos; de 3 a 5 palabras chave. No asunto do correo indicarase “PROPOSTA DE COMUNICACIÓN”. Nun prazo menor a 5 días, o Comité comunicará a decisión sobre as comunicacións seleccionadas. Cabe a posibilidade de presentar a comunicación aceptada en formato video. Se desexa optar por esta modalidade debe comunicalo previamente á organización a través do correo: investigadoras@iustitiaomnibus.org. Só poderán remitir comunicación as persoas previamente inscritas.
Volver