Novas Iustitia
Encontro Internacional NOVAS TECNOLOXÍAS, DIVERSIDADE(S) E INNOVACIÓN DOCENTE NO ÁMBITO XURÍDICO Reflexións para alén do cosmético
04 de diciembre del 2019

Luns 16 de decembro

 16.00h.-Acreditación e Inauguración.

 16.30h.-Xénero, Dereito e Innovación: discursos transformadores en titulacións altamente feminizadas.

* Pablo Ramos Hernández, Director Adxunto do Máster en Estudios Interdisciplinares de Género da Universidade de Salamanca.

 17.30h.-Pausa.

 18.00h.-Notas sobre a ludoteca xurídica.

*Víctor Bastante Granell, Profesor de Dereito Civil da “Universidad de Almería”.

*Lucía Moreno García, Profesora de Dereito Procesual da “Universidad de Almería”.

 19.30h.-O ensino do Dereito baseado na adquisición de competencias.

*Andrea Garrido Juncal, Profesora de Dereito Administrativo da Universidade de Santiago de Compostela.

 Martes 17 de decembro

 10.00h.-Diversidade(s) e integración universitaria.

* Ana María Porto Castro, Directora do Instituto de Ciencias da Educación  da Universidade de Santiago de Compostela.

11.00h.-A innovación docente no ámbito xurídico portugués.

* Pendente de confirmación

 12.00h.-Pausa.

 12.30h.-13.30h.-Novas posibilidades para a innovación na docencia e a investigación no Dereito Procesual.

* Ana Sánchez Rubio, Profesora de Dereito Procesual da Universidad Pablo de Olavide de Sevilla.

 13.30h.-Defensa das comunicacións, conclusións e clausura.

Comunicacións.
Aberta a posibilidade para docentes e investigadoras/es no ámbito do Dereito, sempre que o traballo teña que ver coas liñas mestras do Encontro. Para presentar comunicación será preciso enviar un resumo sobre a comunicación de entre 1000 e 1500 palabras indicando título, autor/a e universidade, ao correo electrónico investigadoras@iustitiaomnibus.org antes da finalización do día 12 de decembro. As comunicacións serán defendidas no Encontro en presentacións de 10 minutos de duración.

Volver